jueves, 16 de junio de 2016

As nosas correcións das preguntas dos compañeiros de "B"


En vermello podedes atopar as preguntas correxidas por nós.
En xeral as preguntas estaban moi ben, mais os documentos xeográficos eran escasos ou erróneos, as veces. 

1. Que países dos seguintes non pertence ao bloque comercial MERCOSUR?

a) Venezuela
b) Brasil
c) Arxentina
d) Chile
Chile non pertence ao grupo MERCOSUR, senón que forma parte da APEC (Asia Pacific Economic Corporation) xunto a países como Canadá, Rusia…


2. Tendo en conta que o PIB é a relación entre o valor monetario da produción de bens e servizos, e o número de habitantes dun país, cal destes países de Sudamérica ten o PIB per cápita máis elevado?


a) Arxentina
b) Chile
c) Uruguai
d) Venezuela
e) Brasil
Uruguai é o país con máis PIB per cápita, seguido de Venezuela.


3. Cal é a principal materia prima que se obtén en Venezuela?

a) Trigo
b) Petróleo
c) Ouro
d) Cacao

4.Tendo en conta que o IDH é o indicador que estuda a relación entre a esperanza de vida, os anos de escolaridade e o PIB per cápita, cal dos seguintes países sudamericanos ocupa o posto máis alto no ránking de IDH?

a) Arxentina
b) Venezuela
c) Chile
d) Uruguai
e) Brasil 
Arxentina ocupa o posto 40 no ránking mundial de IDH, por díante do resto dos países de Sudamérica.


5. Cal é o único dos seguintes países cuxa actividade económica predominante non é o sector terciario?

a) Venezuela
b) Arxentina
c) Brasil
d) Chile
En Arxentina o sector con máis porcentaxe de traballadores é o sector secundario. 

Sería recomendable poñer unha imaxe mais clara en relación co tema a tratar.




6. Cal é o país que abarca máis territorio de toda América?

a) Colombia
b) Canadá 
c) Perú
d) Estados Unidos



7. Que país de toda Sudamérica ten unha maior densidade de poboación ou habitantes por kilómetro cuadrado?

a) Brasil
b) Chile
c) Colombia 
d) Venezuela



8. Que dous países do continente americano ostentan o maior PIB?


a) Estados Unidos e Colombia
b) Arxentina e Ecuador
c) Estados Unidos e Canadá
d) Estados Unidos e Brasil





9. Tendo en conta que, nestes últimos anos, o sector primario está extinguíndose por culpa da globalización, cal crees que é o país de América no que o sector primario aínda segue sendo a súa principal fonte de ingresos?

a) Paraguay
b) Guatemala 
c) Bolivia
d) Canadá



10. Cal destes países ten maior superficie?

a) Brasil 
b) Venezuela
c) Chile
d) Arxentina
Brasil conta cuns oito millóns e medio de km2.

Estaría ben que engadísedes outro tipo de documento xeográfico, como un mapa ou similar.


11. Tendo en conta que a balanza comercial é a relación entre exportacións e importacións dun país, cal dos seguintes países NON conta cunha positiva? 

a) Brasil
b) Venezuela
c) Chile
d) Arxentina


Neste caso é preciso que poñades mais datos da balanza comercial doutros paises (non só de Arxentina) senón é moi obvio.




12. Cal dos seguintes países ten o pico mais alto?

a) Chile
b) Arxentina
c) Brasil
d) Venezuela



13. Cal é o país con menos extensión de America do Sur?

a) Uruguai

b) Venezuela
c) Arxentina
d) Chile



14. Cal é o único dos seguintes países cunha balanza de pagos con superávit, tendo en conta que é a relación entre as transaccións dun país durante un período de tempo?

a) Venezuela
b) Chile
c) Arxentina
d) Brasil

Ao igual que na pregunta 11, sería recomendable engadir gráficas ou tablas que comparen varios dos países que se ofrecen como opcións. Tamén sería bo engadir unha mellor definición de "Balanza de pagos con superávit"



15. Cal dos seguintes países pertence aos BRICS?

a) Chile
b) Venezuela
c) Brasil 
d) Arxentina



16. Que país dos seguintes presenta unha gran variedade de climas, debido a que sitúase en diferentes latitudes e altitudes?

a) Uruguai
b) Brasil
c) Arxentina
d) Venezuela
e) Chile



17. Que país de Sudamérica divide o poder nacional en 5 poderes e non en 3?

a) Arxentina
b) Chile
c) Venezuela 
d) Brasil

Sería bo engadir unha imaxe que dese mais pistas para averiguar a resposta.



18. Cal é a capital de Chile?

a) Quito
b) Santiago 
c) Guadalaxara
d) Asunción



19. Cal é o presidente/a da República de Brasil?

a) Che Guevara
b) Nicolás Maduro
c) Michelle Bachelet
d) Dilma Rousseff


20. Para rematar o xogo, despois de ver todas as preguntas/respostas anteriores, queremos propoñervos unha pregunta, no continente americano:

a) Predominan os países subdesenvolvidos
b) Predominan os países en vías de desenvolvemento
c) Predominan os países desenvolvidos
d) Predominan as persoas loitadoras

No hay comentarios:

Publicar un comentario