martes, 17 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

1)       Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
2)       Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
3)       Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
4)       Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
5)       Localización e factores de localización (páx. 84).
6)       Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
7)       Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
8)       Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
9)       Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
10)   Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
11)   Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
12)   Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.


1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitud o número de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos deducir que se trata dunha empresa pequena.

       2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa. 
       Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética, loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se dedica e a enxeñaría. 

       3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
       En España houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve. 
Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética. Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo, Pontevedra) ou nos lugares onde realice instalacións.

5) Localización e factores de localización.
Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten.... Completaremos esta información cando a visitemos.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
 
      10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
      A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial. 
 
      11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
      A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
      12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
      A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe nesta clase tivemos algúns problemas para atopar a información porque algúns apartados nono podiamos atopalos na paxina web nin en internet, algúns por motivos legais e outros por motivos que nos non coñecemos, máis as primeiras preguntas fumos capaces de completalos sen ningún problema. As demáis completaremolas cando estemos na visita sobre a empresa altenergy.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            

Estimados señores e señoras de AltEnergy S.L.:

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque utilizan enerxías eficientes e renovables e ademais fomentan o seu uso e fan instalacións deste tipo de enerxías.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)
                                                                                                                                                
       Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)

                                   
Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            

Estimados señores e señoras de Reclicajes Avi S.L.U.:

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque se dedican a reciclaxe e traballan con química verde.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)
                                                                                                                                                
       Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
                                   

lunes, 2 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

·       Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis preciso e completo.
    
·       Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.

·       Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables…  Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.


·       Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.

Sesión 1, 2

Tivemos algunhas dificultades para atolar empresas con algunhas das características propostas.
Eu aprendin que pasaba moi presto das empresas mais eu, non as vira nunca

Empresas en Vigo/ Empresas seleccionadas