· Entrevista. Porque así recadamos toda a
información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as
preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha
explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis preciso e
completo.
· Primeiro informarnos das preguntas que
sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos
correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles
cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo
propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto
coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en
marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos
ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa
importantes para o noso traballo.
· Podemos preguntarlle se realmente saben de
onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan
enerxías renovables… Tamén lle podemos
pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as
demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan
deslocalización reciban máis beneficios.
· Temos que tentar sacar moita información
pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por
aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e
sustentabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario