sábado, 12 de diciembre de 2015

Reportaxe escrita

Proxecto Vigo Sustentable

Sesión 3

Hoxe fixemos unha solicitude para contactar coas empresas e poder facer unha visita. E investigar máis a empresas selecionada.
Tamén aprendin a facer unha solicitude con respecto para a empresa ou persoa selecionadas sen ser irrespetuosos.

Sesion 5

Hoxe traballamos coa entreviata de altenergy.

Sesion 6,7

Nesta sesions plublicamos as entrevistas buscamos informacion sobre a empresa par poder elaborar  a reportaxe escrita.

Deseño da entrevista e posibles preguntas

O xoves, 25 de novembro realizamos a entrevista á empresa AltEnergy S.L. Ao chegar atendéronnos ao momento e sentáronnos nunha sala onde lles fixemos as preguntas que levábamos preparadas da casa. Velaquí as cuestións realizadas:

1) Que actividades realiza a empresa?
2) En que ano foi fundada?
3) En que situación económica se atopa actualmente?
4) Con cantos traballadores conta?
5) Con que tipo de enerxías renovables traballan?
6) Hai moita competencia no sector no que traballades?
7) Que tipo de clientes tedes? Cales son os seus criterios de compra?
8) Traballades tamén con particulares?
9) Hai competencia no sector onde vos desenvolvedes?
10) Que convenios colectivos regulan as condicións dos traballadores do sector?
11) En que ámbito se move a empresa (rexional, nacional, internacional...)
12) Tedes algún premio ou certificado de sustentabilidade?
13) Cales son os principais produtos que vendedes?
14) Podedes explicarnos máis polo miúdo como funciona o servizo de consultoría?
15) Cales son os factores produtivos necesarios para ofrecer os vosos servizos e produtos?
16) Tedes algunha relación coa empresa Altenergy Inc.?
17) Cal foi o voso último proxecto?
18) Existe algún motivo polo que a empresa está situada na Avda. de Madrid?
19) Tedes algunha publicidade do negocio á parte da páxina web?

martes, 17 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

1)       Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
2)       Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
3)       Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
4)       Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
5)       Localización e factores de localización (páx. 84).
6)       Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
7)       Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
8)       Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
9)       Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
10)   Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
11)   Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
12)   Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.


1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitud o número de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos deducir que se trata dunha empresa pequena.

       2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa. 
       Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética, loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se dedica e a enxeñaría. 

       3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
       En España houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve. 
Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética. Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo, Pontevedra) ou nos lugares onde realice instalacións.

5) Localización e factores de localización.
Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten.... Completaremos esta información cando a visitemos.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
 
      10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
      A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial. 
 
      11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
      A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
      12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
      A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe nesta clase tivemos algúns problemas para atopar a información porque algúns apartados nono podiamos atopalos na paxina web nin en internet, algúns por motivos legais e outros por motivos que nos non coñecemos, máis as primeiras preguntas fumos capaces de completalos sen ningún problema. As demáis completaremolas cando estemos na visita sobre a empresa altenergy.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            

Estimados señores e señoras de AltEnergy S.L.:

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque utilizan enerxías eficientes e renovables e ademais fomentan o seu uso e fan instalacións deste tipo de enerxías.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)
                                                                                                                                                
       Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)

                                   
Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            

Estimados señores e señoras de Reclicajes Avi S.L.U.:

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque se dedican a reciclaxe e traballan con química verde.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)
                                                                                                                                                
       Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
                                   

lunes, 2 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

·       Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis preciso e completo.
    
·       Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.

·       Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables…  Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.


·       Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.

Sesión 1, 2

Tivemos algunhas dificultades para atolar empresas con algunhas das características propostas.
Eu aprendin que pasaba moi presto das empresas mais eu, non as vira nunca

Empresas en Vigo/ Empresas seleccionadas